A app para guiarnos nos centros de saúde xa foi obxecto de máis de 9.000 descargas | tecno4 | Scoop.it

 Segundo fai saber o SERGAS, a aplicación xa foi obxecto de 9.117 descargas, 5.386 a través Google Play e 3.731 da App Store de Apple
“A aplicación”, explica o Servizo Galego de Saúdo, “permite ofrecer un servizo de localización no interior de edificios onde non existe cobertura de abondo dos sinais de satélite utilizado polo GPS”. Asemade, posibilita cousas como consultar as citas programadas no sistema público de saúde, tanto en hospitais como en centros de saúde, ofrecéndonos a opción de iniciarmos a navegación ata o centro no que teñamos programada a cita.