O CEIP de Laredo lanzou unha web para facer factíbel a continuidade docente durante o confinamento | TIC & Educación | Scoop.it

CEIP de Laredo en Redondela, un dos grandes referentes de innovación educativa na nosa terra, está a combater con armas tecnolóxicas o cese das actividades presenciais do colexio, derivado da pandemia de COVID-19 e o estado de alarma. E faino coa iniciativa Dende a casa, unha proposta tecnolóxico-educativa preparada in extremis co remate das clases e que ten o obxectivo de seguir dando continuidade á actividade docente malia os problemas e atrancos que desencadeou a crise sanitaria.