Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento | TIC & Educación | Scoop.it

Este novo Servizo vai prestar un soporte especializado á infraestrutura tecnolóxica, á plataforma de acceso aos de contidos didácticos e ás ferramentas de seguimento do alumnado proporcionados pola Xunta de Galicia á comunidade educativa dos centros E-Dixgal, recollendo as consultas, notificacións de incidencia, ou as solicitudes e a aclaracións de dúbidas sobre o Proxecto de Educación Dixital.

As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidencia ou dúbida que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline. 

O profesorado que imparte en cursos E-Dixgal, así como os/as coordinadores/as, deben empregar este Servizo Premiun para notificar e xestionar as incidencias do equipamento dixital das aulas (encerado dixital, videoproxector, portátil de aula, carro de carga, WIFI Abalar, servidor Abalar e SAI) , as dos equipos do alumnado,  e as do portátil do profesorado facilitado pola Xunta de Galicia aos docentes que imparten materias dentro do Proxecto Educación Dixital. As incidencias de acceso á plataforma de Contidos Dixitais, así como as súas posibilidades uso e as pautas a un correcto funcionamento da mesma, tamén deben ser motivo de consulta neste novo Servizo.