Educación informa ao Consello Galego de Universidades da oferta académica para o vindeiro curso  | TIC & Educación | Scoop.it

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu esta tarde o pleno do Consello Galego de Universidades (CGU) no cal se deu conta da oferta académica para o vindeiro curso 2019-20, que supón a implantación de 4 novos graos, 7 máster (un deles compartido entre as tres Universidades) e 1 programa de doutoramento nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), así como o aumento de prazas en 9 graos universitarios.